Xoves 30 de Xuño de 2022

Ourense en Común e En Marea únense en defensa da Praza de Abastos nº2 da Ponte


Miguel Doval e Martiño X. Vázquez mantiñan esta mañá unha reunión coas parlamentarias de En Marea pola provincia de Ourense e varias comerciantes do barrio da Ponte, para tratar a parálise que afecta á Praza de Abastos nº2 de Ourense, que xa suma 2 anos pechada despois dunha inversión de 2 millóns de euros.

Recollendo as demandas das comerciantes e da propia veciñanza do barrio, En Marea desde o Parlamento galego, e Ourense en Común desde o Concello, seguirán traballando en defensa da urxente necesidade da posta en funcionamento desta dotación mudando o modelo desde a xestión pública, nunha aposta pola dinamización do comercio de proximidade e potenciando os produtos de tempada.

Deja una respuesta