Mércores 08 de Abril de 2020

Comeza a funcionar o Parque Infantil de Tráfico do Concello de Ourense


Máis de 5.000 rapaces e rapazas pasarán por estas instalacións situadas en Expourense

O recinto feiral de Expourense acolleu esta mañá o acto de presentación das distintas actividades de Educación Viaria, Prevención e Seguridade para o próximo curso escolar 2016-2017, dirixidas a máis de 5000 alumnos e alumnas. Nesta apertura participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, así como os concelleiros Carlos Campos e Belén Iglesias. Tamén estivo presente o director provincial de Tráfico, David Llorente.

Participarán o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, e realizaranse ao longo do ano nas aulas, nos patios de diferentes centros de ensino, nas rúas, na aula de formación e no circuito viario instalado no Parque Infantil de Tráfico en Expourense.

Este curso o Concello de Ourense conta con 30 centros da cidade inscritos e varios centros da provincia. Un total de 3000 alumnos e alumnas dos diferentes centros da cidade interesados en participar específicamente nas actividades do Parque Infantil de Tráfico e 1950 alumnos/as no resto das actividades de Educación Viaria como son: Semana Europea da mobilidade, Visitas a Policía Local e as Charlas de Primeiros Auxilios, asi como a participación aberta para aqueles centros que desexen participar nas distintas Campañas que nos ofertan distintas institucións (DGT, RACE, RACC…ou asociacións (PAT Galicia e STOP Accidentes…) e que se desenvolverán en horario escolar e extraescolar.

O centro participante neste primeiro día da apertura do Parque Infantil de Tráfico foi ó CEIP O COUTO co alumnado de 6º de Educación Primaria, dándolle continuidade as actividades con outros centros de ensino ata o mes de xuño.

Así mesmo, os monitores do Parque Infantil de Tráfico prepararán en horario extraescolar ao alumnado que participará no XIX Concurso Provincial de Educación Viaria que se celebrará nos meses de maio e xuño..

Deja un comentario