Jesús Vázquez reunirase o oito de xaneiro co Secretario de Estado de Infraestruturas para “reivindicar o que pertence a Ourense: a urxente licitación e prazos concretos para a construción da Variante Norte”
“Esiximos que no menor prazo de tempo posible se licite a Variante Norte, que se lle poñan prazos concretos para a súa execución, e que se lle dea continuidade ao que xa estaba en marcha”, explica o alcalde de Ourense. O rexedor reclama a todos os grupos políticos no Concello e no Congreso “unidade …